37
O Concello de Carballo acaba de anunciar que este xoves 7 de maio non poderá celebrarse o mercado na Praza do Concello tal e como estaba previsto, segundo lle acaba de comunicar a Subdelegación do Goberno.
O Concello tiña organizada a celebración do mercado seguindo as directrices establecidas pola Xunta de Galicia, que si os autorizou, pero o Goberno Central botou por terra esa autorización.
Desde o goberno municipal lamentan as molestias a feirantes, produtores locais e veciñanza.