29
O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña suspendeu o prazo dun mes, concedido o pasado 28 de abril, á Familia Franco para retirar» as cousas, bens ou obxectos» do interior do pazo de Meirás. Será ata que non resolva, por unha banda, os incidentes sobre os bens que se poderán levar ou non e, por outra, os recursos de reposición presentados polo Estado, a Xunta, a Deputación Provincial e os concellos da Coruña e Sada. Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), contra a resolución cabe interpoñer recurso.