39
A Plataforma de Defensa do Sector do Transporte por Estrada acordou «suspender temporalmente» o paro que estes transportistas autónomos e pemes iniciaron o pasado 14 de marzo, e que se retomará no momento que consideren oportuno, que será «máis pronto» que tarde, matizan. Tras 20 días de mobilizacións e tras consultar aos asistentes á asemblea celebrada nunha estación de servizo da localidade madrileña de San Fernando de Henares, á que acudiron ao redor dun centenar de transportistas de toda España, así o decidiron.