O Concello de Malpica comunicou este luns que se suspenden os obradoiros de manualidades dirixidos a persoas maiores e con diversidade funcional debido á situación epidemiolóxica que, segundo datos do Sergas, nos últimos sete días se situaba nos 41 positivos. «Cando a situación mellore, volveremos a iniciar o obradoiro, pero debemos prever polo ben de todos e todas», aseguran desde o goberno local.
Estas actividades retomáranse no mes de novembro do pasado ano tanto no centro cívico municipal como na Casa do Oleiro de Buño.