Táboas entre Calvo Xiria e Balonmán Ribeiro (26-26)

Partido moi igualado de principio a fin o vivido este sábado no Vila de Noia entre o Calvo Xiria e o Balonmán Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal, de Ribadavia. Ambos mantiveron unha diferenza máxima de dous goles, maioritariamente a favor do Calvo Xiria, que dominaba ao descanso 15-14. Na segunda parte, máis do mesmo, moito respecto e ningún dos dous conxuntos era capaz de abrir brecha no marcador sobre o seu rival. Ao final repartición de puntos (26-26), algo que consola máis que unha derrota, pero que pide marxe de mellora. En todo caso os de Adrián Dubra non perderon ningún dos tres partidos xogados este 2024, sumando dúas vitorias e este empate.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha