Táboas entre Calvo Xiria e Bueu Atlético Balonmán

Choque de trens no Vila de Noia entre dous rivais moi parecidos, O Calvo Xiria e o Bueu Atlético Balonmán. Dende o ano 2001 o Bueu sempre estivo en primeira nacional xunto co Xiria, salvo nas temporadas 2010/11 e 2011/12, e leva 12 anos ininterrompidos na categoría, algo moi meritorio para un club que se localiza a metade de camiño xeográficamente entre os dous grandes co balonmán galego, o Cangas e o Cisne de Pontevedra. 

Os de Adrián Dubra empezaron mellor o partido, logrando ir catro tantos arriba no marcador nos primeiros vinte minutos de xogo, 11/7. Non estaba nada decidido con esa pequena marxe, nin moito menos, cun parcial de 5-9, os visitantes colocaron o marcador en táboas ao descanso, 16/16, unha igualdade que sería a tónica do partido. Tras o paso por vestiarios volta a empezar, pero ningún dos dous equipos conseguía abrir unha brecha no marcador e despegarse do seu rival. Incluso unha moi boa actuación do xogador local Hugo Rodríguez, que marcou nove tantos, non sería suficiente. O Bueu non daba tregua tampouco e tivo que ser Aarón Rodríguez nos últimos segundos, co incansable apoio da afección, quen marcase o tanto que daba o empate ao Calvo Xiria, 32/32.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha