Táboas entre o Bergantiños e o Deportivo (0-0)


Terceiro amigable da tempada para os de Fernando Vázquez, que tras dúas cómodas goleadas ante o Villalbés e Arzúa, foron incapaces de marcar na súa visita a Carballo. Partido sen goles o vivido este sábado en As Eiroas entre o Bergantiños e o Deportivo. O Depor a penas atopou o camiño para crear perigo ante a meta de Canedo, unha única ocasión de Nacho González cun disparo ao traveseiro foi o mais destacable e perigoso, con todo a presión do Bergantiños, que sen complexos plantoulle cara ao encontro, apurou por momentos á zaja deportivista, pero tampouco creou demasiado perigo. Con este panorama, non sería de estrañar que ambos os equipos puidesen militar na mesma categoría a tempada que vén.

FICHA TÉCNICA

Bergantiños: Canedo; Vela, Abel, Iago, Aarón; Uzal, Concheiro; Cano, Remeseiro, Lamelas; Duque. También jugaron: Brais Pereiro, Alfaya, Carlos, Martín, Marcos, Pablo, Alejandro Tari, Diego Rodríguez y William.

RC Deportivo: Lucho García; Bóveda, Mujaid, Granero, Salva Ruiz; Valín, Bergantiños, Nacho, Héctor Hdez.; Miku, Adri Castro. También jugaron: Carlos Abad, Borges, Beauvue, Gandoy, Keko y Juan Rodríguez.

Árbitro: Xabi Rodríguez, colexio galego.

Incidencias: Estadio de As Eiroas, 320 espectadores. Terceiro partido da pretempada 2020-21. Antes de comezar o encontro rendeuse homenaxe ao árbitro Xabi Rodríguez, que deixa o fútbol profesional.