Táboas entre o Estradense e o Bergantiños FC (1-1)

O Municipal da Estrada recibiu este sábado ao Bergantiños nun partido adiantado á sétima xornada de liga en Terceira División. Os goles chegarían na segunda parte do encontro, a primeira foi máis ben aburrida, un córner sacado por David Álvarez cabeceouno Pablo Longo para facer o seu primeiro gol co Bergantiños. Era o 0-1 no marcador que chegaba no minuto 56 e daba unhas moi boas sensacións ao conxunto carballés. Pero xa é sabido que a alegría en casa do pobre pouco dura, neste caso catro minutos, os que tardou Raúl Gómez en empatar o partido para o Estradense, 1-1. Co punto sumado o Bergantiños quedou colocado provisionalmente na terceira praza. A próxima xornada xogará na casa ante o Silva coruñés nun novo derbi. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha