Táboas tras un gran partido, Bergantiños – Langreo (4-4)

1 minutes read
  • O Bergantiños dominaba o marcador con claridade no minuto 82 cos goles de Pedrosa, Brunet, Remeseiro e Filgueira, pero o Langreo saca un empate de Carballo con tres goles nos últimos minutos.

Os de José Durán, virtualmente descendidos, completaron un gran partido na casa, no que chegaron a ir mandando por 4-1 no minuto 82. O Langreo poñía en xogo a permanencia e precisaba puntuar. A precipitación visitante creceu co gol de Pedrosa no primeiro minuto. Brunet marcou o segundo antes do minuto 20 e Chus Ruíz recortou diferenzas aínda no primeiro tempo cun gol pantasma concedido polo asistente. Na segunda metade o encontro parecía sentenciado despois dos tantos de Remeseiro (penalti) e de Josiño Filgueira. Pero nos últimos dez minutos chegou a reacción do Langreo que se foi con todo ao ataque. Arzalluz anotou un dobrete e Luís Martínez conseguiu na última xogada do partido (minuto 94) o definitivo 4-4. O árbitro mostrou unha tarxeta amarela ao Bergantiños (Chapu Brunet), mentres que o equipo visitante non viu ningunha. Con este empate, o Langreo situouse no décimo cuarto lugar da táboa con 34 puntos, pola súa banda o Bergantiños pecha filas no décimo oitavo posto con 19 puntos, ambos en postos de descenso a Terceira, pero o conxunto carballés sen opcións de non descender. Os de Durán viaxarán a casa do Zamora, que é sétimo, a próxima xornada.