«Tabú» achega a Muxía os segredos e historias de amor das mulleres galegas

PIXABAY

  • A actuación será ás 20:00 horas e a entrada terá un prezo dun euro

O Salón de Actos do Voluntariado acollerá este sábado «Tabú», a representación con música en vivo de Tarabela Creativa. A actuación será ás 20:00 horas e contará con estritas medidas de seguridade e hixiene.

A obra, de Carmen Conde baixo a batuta de Su Garrido Pombo, é froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos en Valmios, o Morrazo, o Courel, A Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual durante a xuventude.

Unha obra de narración oral coa misión de transmitir historias de confusión, secretismo, amor, picaresca e sexualidade das mulleres.

O espectáculo está pensado para un público maior de 16 anos, e a entrada terá un custo dun euro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha