Talento galego para a pasarela da Mostra de Camariñas

A pasarela da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña seguirá a estar en boas mans. A empresa Gubem Event, do vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de organizar e coordinar os desfiles outro ano máis.

Damián explica que a súa filosofía é a de “apostar polo talento de modelos galegos e da comarca, que son a maioría, aínda que tamén os hai doutros lugares do país”, unha misión que “se vai diversificando con modelos que teñen perfiles moi potentes”. “O primeiro ano trouxemos modelos canarios e navarros que desfilan a nivel internacional”, engade.

Para algúns e algunhas deses modelos, a Mostra supón un escaparate inmellorable nas súas carreiras. “Moitos empezan en Camariñas a facer as súas primeiras grandes pasarelas e despois despuntan a nivel internacional”, explica Damián, sinalando o caso máis recente de “Yusnabis Ferrer, que veu o ano pasado a desfilar á Mostra e agora está traballando en Milan”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha