Tamén desaparece unha prestixiosa zona de surf na illa da Palma

0 minutes read

A lava do volcán Cumbre Vieja acabou cunha das áreas surfistas máis prestixiosas das illas canarias, a zona de Guirres, recoñecida e gozada por multitude de surfeiros, segundo un comunicado da Federación Española de surf. O volcán segue expulsando unha lava moi líquida e a fajana ou illa baixa que se forma ao entrar en contacto co mar ocupa xa unha extensión de trescentas sesenta e sete hectáreas, unha superficie similar a setecentos campos de fútbol. Este sábado, a zona da praia dos Guirres, onde se celebraron varios campionatos de surf, non é máis que un fermoso recordo.