17
Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, popularmente coñecidas como Tanxugueiras, ofrecerán o concerto estelar do 24 de xuño na Praza do Concello en Carballo. Será o único concerto gratuíto que teñen previsto para o mes de xuño na provincia da Coruña. Tamén será a súa segunda actuación en dous anos na vila, xa que en setembro do 2021 xa formaron parte do cartel do festival Orballo Cultural. Despois de dous anos sen San Xoán, a festa volve por todo o alto do 21 ao 26 de xuño, cunha comisión renovada e unha oferta musical ampla, variada e de calidade que iremos coñecendo nas vindeiras semanas xunto co resto do programa.