Tanxugueiras conquistaron Vimianzo

Cedida.

Tanxugueiras, o trío composto por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, conquistaron este martes Vimianzo no primeiro concerto da “Xira Midas” que se celebra na Costa da Morte.

Fixeron as delicias dun público absolutamente entregado, e que ateigaba o recinto habilitado desde o primeiro momento que se abriron as portas, ás 20:00 horas.

“Averno”, “O querer”, “Miña nena”, o seu novo sinxelo “Pano corado” e “Terra”, entre as cancións dunha lista de máis dunha quincena de temas. A climatoloxía, esta vez, acompañou para que fose unha noite inolvidable.

Elas tres, cantareiras para unha nova década, son capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria, fusionándoa con ritmos urbanos que se atopan preto do trap ou da electrónica. A súa enerxía, o seu empoderamento, a súa contundencia e o seu virtuosismo vogal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como trad.

O trío recolle o legado das pandeireteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, para revisionalo e lanzalo novamente ó mundo nunha explosión de modernidade, contando cun estilo épico e unha forza ancestral que as fixo triunfar xa en escenarios de varios países.