Tanxugueiras inicia conversas virtuais con Sabela Ramil, Rodrigo Cuevas, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán

Cedida.

Tanxugueiras propón unha iniciativa para levar mellor o confinamento na casa: este sábado 28 o grupo de pandereteiras iniciará unha serie de conversas virtuais con artistas e axentes do sector cultural á fin de abordar unha situación excepcional dun xeito distendido e próximo. 

Nestas conversas participarán Sabela Ramil, Rodrigo Cuevas, Carlos Blanco, Teresa Cuíñas, Xosé Ramón Gayoso, Xosé A. Touriñán ou Pepe Cunha, entre outros nomes. A cita diaria será ás 13.00 horas, ao longo de quince días, na canle de Youtube de Tanxugueiras (www.youtube.com/tanxugueiras). 

«As e os artistas temos tamén unha responsabilidade social e podemos aproveitar a nosa visibilidade para reforzar os vínculos de comunidade nun momento tan especial», sinalan Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro. O trío anunciará cada xornada nas súas redes, ás 20.00 horas, o nome da convidada do día seguinte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha