Tanxugueiras ofrecen un concerto o sábado en Oleiros

O grupo revelación da música tradicional galega, formado por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, actúa o sábado no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas, dentro do VII Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de Inverno. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,50 euros.

O mundo da pandeireta e o baile está a vivir en Galicia un momento irrepetible. O que fan Tanxugueiras é achegalo dun xeito doado, natural, cun empaste nas voces pouco común, cuns arranxos elegantes e coidados, cun son grande e cristalino, cun agarimo inusual, cunha tímbrica instrumental que conecta oriente e occidente, con intelixencia e humor. E, sobre todo, con moito amor. Con máis de 50 concertos en 2018 e unha importante xira tanto polo país como polo estranxeiro, visitando Glasgow, a India, Cuba e Suíza, Tanxugueiras son xa un dos grupos de referencia da música galega.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha