Tanxugueiras retoma o repaso da actualidade a través das redes no mes de novembro

Imaxe das Tanxugueiras_Cedida

  • En “Mira unha cousiña…” participarán entre outras a actriz Isabel Risco ou a graffiteira Nana

Tanxugueiras, o famoso grupo de pandeireteiras, segue a aumentar a súa actividade sobre os escenarios pero tamén nas plataformas dixitais. No mes de novembro retomarán as conversas semanais de Mira unha cousiña…, nas que botarán unha ollada á actualidade a través das redes sociais.

As convidadas serán a actriz Isabel Risco (luns 2), a graffiteira Nana (luns 9), a poeta Míriam Ferradáns (luns 16), a secretaria da Asociación de Profesionais de Centros de Información á Muller-ASOCIM, Lucía Núñez (luns 23), e o cantante de Rebeliom do Inframundo, Nervo (luns 30).