Tanxugueiras rompe teitos co lanzamento de TERRA


Tanxugueiras rompe novos teitos para a música galega. Co lanzamento do seu novo sinxelo, TERRA, o trío de pandeireteiras superou, no primeiro día de publicación, as 500.000 escoitas nas plataformas dixitais. O sinxelo, un canto á diversidade e ao recoñecemento da música de raíz galega, é a creación coa que Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro participarán o vindeiro mes de xaneiro no Benidorm Fest. A gañadora da cita participará, no mes de maio, no festival de Eurovisión.