Aloumiños, a Asociación de persoas con necesidades específicos da Costa da Morte, organiza unha cita inclusiva na praza do concello de Carballo.
Este sábado 20, a partir das 18:30 horas, os socios e a veciñanza que decida unirse a esta celebración, poderán ser partícipes das labores que organizan desde Aloumiños.
Música, xogos e formación serán as actividades que se impartirán no parque ou na praza, espazos comúns onde a integración debe ser sempre unha realidade.
Aloumiños pretende así propiciar a participación da comunidade e potenciar a comunicación nun ambiente emocional de apoio e identidade grupal.