Tarde-Noite Infantil Meiga | No marco do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2023

O Asalto o Castelo de Vimianzo potencia o conxunto de actividades en que o público infantil é o principal protagonista coa organización da I Tarde-Noite Infantil Meiga, que se celebrará o mércores 28 de xuño, de 19:00 a 22:00 horas no foxo da fortaleza.

O programa conta con diversas propostas artísticas nas que o miúdo exército irmandiño será chave para derrocar as forzas do mal que viven no Castelo: ofrenda floral, contacontos da liberdade, esconxuro da limoada, pasarela de moda guerreira, baile da revolución, toma do Castelo, danza da alegría ou banquete do triunfoson exemplos dalgunhas das accións que terá que acometer a lexión cativa.

Son 50 as prazas que se ofertan para esta actividade e para o que será preciso facer do 5 ao 16 de xuño unha pre inscrición a través dun formulario web (https://n9.cl/p27xi) e, posteriormente, a incrición do 19-23 xuño na Casa de Cultura, en horario de oficina. A inscrición ten un custo de 3 €.

Esta iniciativa reforza, por tanto, a conexión dos nenos e nenas coa historia irmandiña, nunha aposta que enlaza con actividades xa consagradas como o Asaltiño, sempre coa idea de seguir cultivando semente de vencer.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha