Teatro da Ramboia chega aos Venres Coolturais de Carballo cunha comedia de marionetas

Teatro da Ramboia.

  • A cita será este venres día 7 ás 21:00 horas no Pazo da Cultura.

Dous titiriteiros chegan ao seu fogar logo dun día de traballo, tras carretar ás súas costas un enorme “tutilimundi”, unha caixa de pandora, da que as marionetas da farsa emerxerán como alegorías esperpénticas dunha realidade pasada. Teatro da Ramboia achegaranos esta comedia-adaptación da Farsa de Bululú de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista gañadora o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María e 23 municipios, entre os que se atopa o Concello de Carballo.

Teatro da Ramboia é unha compañía creada no ano 2012 coa intención de investigar as relacións entre o teatro, a música e as artes plásticas, desde a súa relación no teatro das marionetas.