Teatro e música enchen a programación cultural do inverno en Arteixo

0 minutes read

Teatro e música copan a programación cultural do concello de Arteixo para os meses de inverno. Xaneiro e febreiro traerán ata nove espectáculos ao auditorio de Arteixo que combinan a música, o teatro e ata o circo. 

Son propostas para público adulto, infantil ou familiar entre os que atopamos clásicos como «Caramuxo Teatro» e iniciativas vangardistas como a «Chola a it Girl» de ArtesaCía. O programa o completan Mar Rojo Teatro, que veñen de Asturias; EscenaAnimada, Produccións Teatrais Excéntricas, Píscore, Contraproduccións e Galitoon.