Teatro en Ruta nas parroquias de Carballo da man de Vagalume Animación

Poñeranse en escena tres espectáculos diferentes: “Aleluia”, “Airbag” e “Escola de bruxas”.

A Concellaría de Cultura de Carballo conta de novo coa colaboración de Vagalume Animación para levar o teatro ás parroquias durante o mes de novembro.

A primeira función terá lugar este sábado, día 9, no Centro Social de Cances, onde se poñerá en escena a obra “Aleluia” a partir das 20.00 horas. A mesma peza representarase o sábado 16 en Rus e o domingo 17 en Oza, en ámbolos casos ás 19.00 horas. Vagalume Animación volverá a subir ao escenario a seguinte fin de semana coa obra “Airbag”, que poderá verse o día 23 en Ardaña e o 24 en Verdillo, tamén ás 19.00 horas. Teatro en Ruta rematará o día 30 en Sofán coa posta en escena de “Escola de bruxas” ás 19.00 horas. A entrada será de balde e libre ata completar aforo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha