“Teatro ó cubo” pecha este domingo os Venres Culturais de Carballo


A cita terá lugar as 18:00 horas no auditorio do Pazo da Cultura.

A programación dos Venres Culturais chega á súa fin cun espectáculo teatral de excepción dirixido ao público infantil e familiar. O broche final porao a compañía Teatro ó Cubo coa representación de “Nube nube sol”, unha posta en escena cargada de xestualidade, cancións e música en directo para achegar á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.