A cita terá lugar as 18:00 horas no auditorio do Pazo da Cultura.
A programación dos Venres Culturais chega á súa fin cun espectáculo teatral de excepción dirixido ao público infantil e familiar. O broche final porao a compañía Teatro ó Cubo coa representación de «Nube nube sol», unha posta en escena cargada de xestualidade, cancións e música en directo para achegar á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.