Alxeria xa ten presidente despois de meses de protestas e cancelacións electorais. “O Sr. Abdelmadjid Tebboune, recibiu o 58,15 por cento dos votos”, anunciou o presidente da Alta Autoridade Electoral Independente, Mohammed Sharafi. O ex primeiro ministro Tebboune será o novo dirixente que tomará as rendas do país. Non será necesaria unha segunda volta debido ao amplo resultado. Segundo as autoridades votou o 40% do electorado, unha participación que cualificaron como o suficientemente alta para aceptar o resultado a pesar do boicot. Moitos cren que esta contenda na que participaron 5 candidatos relacionados co antigo réxime é unha farsa para manter á vella elite no poder. O movemento de protesta que acabou cos 20 anos de mandato de Buteflika prometeu manter as súas manifestacións.
42