‘Tecendo rede, tecendo recordos’, nova exposición fotográfica en Vimianzo

1 minutes read
  • Trátase dunha iniciativa organizada por AFAFES e FAGAL en conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer

A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá do 11 ao 16 de novembro a exposición fotográfica ‘Tecendo rede, tecendo recordos’, unha iniciativa organizada por AFAFES e FAGAL en conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer, que se celebrou o pasado 21 de setembro. Con esta campaña búscase sensibilizar acerca da importancia da diagnose temperá para intervir a tempo na enfermidade e deter ou retardar o seu avance.

Esta exposición amosa o traballo diario e continuado que realizan as 15 asociacións alzhéimer de Galicia para o mantemento e mellora da calidade de vida das persoas usuarias e as súas familias. Poderase visitar en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.