Técnicos de prevención de incendios en folga indefinida

Este sábado iniciaron unha folga indefinida os técnicos de prevención de incendios da Xunta. Pídenlle a Consellería de Medio Rural, da que dependen, un novo acordo que mellore as súas condicións de traballo. A esta convocatoria están chamados máis dun cento de técnicos forestais. Aínda que os servizos mínimos, en plena campaña de alto risco de lumes será do 100 por cento. Este sábado houbo varias concentracións en diferentes localidades galegas.