Técnicos do Medio Rural avalían os danos do pedrazo no Ribeiro

0 minutes read

60 hectáreas tiveron unha afectación importante pola sarabia caída estes días.
Os estragos do pedrazo están moi localizados en Gomariz, no concello de Leiro, e en Riobó, Cenlle. Nesta dúas zonas a cooperativa Viña Costeira ten 23 hectáreas. Técnicos de Medio Rural e o conselleiro José González fixeron un percorrido polas viñas máis afectadas e lembraron aos viticultores a necesidade de aplicar medidas preventivas. En todo caso, se o tempo non fai máis estragos, esta vendima no Ribeiro será extraordinaria en calidade e cantidade.