TeGa acusa ao Goberno carballés de dicir «medias verdades», sobre o Plan de Pedra do Sal

2 minutes read

O portavoz da formación centrista, Andrés Eirís, emitiu un comunicado en desacordo coa información publicada na web municipal, relativa ao Plan Especial de Pedra do Sal, aprobado de xeito inicial este luns na Xunta de Goberno Local. Acusa ao grupo de Goberno de facer un «uso partidista e alonxado da realidade» coa redacción de dita publicación.

Comunicado de Andrés Eirís Barca

«Queremos expresar o noso mal estar co grupo de goberno do BNG, pois non podemos estar máis en desacordo coa redacción que publican da nova na web municipal, facendo un uso completamente partidista e alonxado da realidade.

En concreto referímonos a que o documento do plan especial de Pedra do Sal xa foi presentado aos grupos da oposición o día 27 de agosto, incluso publican a foto dese esperpento de presentación. Xa llo expresamos o acabar dita pseudopresentación, xa que na podemos considerar unha presentación ao uso, primeiro porque non a fixo o equipo redactor, o estudo Monteoliva, se non que a realizou o técnico municipal, e non explicou o documento, dou pinceladas inconexas do mesmo e onde para máis inri, non lle foi pasada a documentación aos grupos da oposición, o argumento do señor Alcalde foi que pesaba moito dita documentación.

O grupo de Tega, que estaba representado na xuntanza polos 2 concelleiros, o Sr. Pallas máis o que escribe, Andrés Eirís, expresou o seu malestar pois consideramos que fomos ao acto a perder o tempo e expresámoslle ao Alcalde e a Sra. Lantes Seara, Concelleira delegada de Planificación, Estratexia Urbana e Contratación, que non fóra unha presentación para informar á oposición, foi un paripé para despois dicir que habían presentado aos grupos da oposición o documento…tamén lle dixemos que o que tiñan que facer é reunirse cos veciños e veciñas do núcleo de Pedra do Sal.

Para Tega o grupo de goberno é todo fachada, só di medias verdades que como dicía Antonio Machado non hai peor mentira cunha media verdade» «Dijiste media verdad? Dirán que mientes dos veces si dices la otra mitad».