Fai poucos días comezouse a executar a obra de mellora da capa de rodadura no vial municipal que vai dende o Igresario de Lema ata A Vixía, e a Terra Galega, parece ser que non paran de chegarlle queixas sobre como se está acometendo dita obra.
Este luns, o candidato á alcaldía de TEGA José Bello Pallas, e a actual voceira municipal Estefanía Canosa, comprobaron in situ, segundo din que, “as obras non se están executando tal e como se decidiu nas diferentes reunións do Consello Parroquial de Lema. O Sr. Evencio Ferrero, comprometeuse a executar dita obra incluíndo todos os servizos, e tamén ocupando o ancho total do vial, para que se poida camiñar polo arcén, algo que non se está facendo”.
“O BNG, pretende deixar unha cuneta de máis de un metro de profundidade, e sen ningún paso para poder camiñar, iso que presumen de apostar pola HUMANIZACIÓN e a eliminación de BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS”.
“Varios/as afectados/as manifestáronnos que tras poñerse en contacto có Sr. Lamas Álvarez, este recoñeceulles que non se ía colocar unha liña subterránea de pluviais para anular a cuneta de aproximadamente 1,50 m de ancho, por falta de cartos. A TEGA, esta resposta parécenos unha tomadura de pelo á veciñanza de Lema. Como se pode dicir que non hai cartos nun concello que presupe de ter 16 millóns de euros de remamente!”
“Ademais en 16 anos de goberno do BNG, a veciñanza de Lema, non viu ningunha mellora en infraestrutura na súa parroquia”.
Dende TEGA, “tras falar con moitos/as veciños/as, esiximos que se modifique o proxecto, e que se execute a obra tal e como se acordou nas diferentes reunións do Consello Parroquial Lema, pois entendemos que non é tanto o que piden, e ademais a diferenza de orzamento é mísera para o servizo que vai dar.”
24