TEGA Carballo levará dúas mocións ao próximo Pleno

1 minutes read

A primeira moción será para a concesión de subvencións para a mellora da accesibilidade: Instalación de ascensores e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos do Concello de Carballo.

A seguinte moción será para a autorización especial de uso sobre os campos de fútbol municipais de céspede artificial (campo das Eiroas e do Carral) aos clubs (Bergantiños FC e SD Sofán, respectivamente) para dar amparo legal a estas entidades privadas que usan as citadas instalacións e á súa vez dar un mellor servizo.

Así o comunicou o Portavoz do grupo Municipal de Terra Galega no Concello de Carballo, Andrés Eirís Barca.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?