O voceiro do Grupo Municipal de Terra Galega (TeGa) no Concello de Carballo, Andrés Eirís Barca, presentou por rexistro telemático unha moción para que canto antes se leve a pleno a aprobación provisional do plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo.
TeGa pide darlle prioridade ao seu desenvolvemento, «o Goberno local estase jactando continuamente que temos 10 millóns de remanente (ter remanente non é síntoma de boa xestión se non do contrario, un concello cando no pleno máis importante do ano aproba o orzamento iguala ingresos a gastos, o concello non é unha empresa ca súa finalidade sexa opter beneficios…) así que empecen expropiando e pagando os terreos e executando os proxectos de urbanización que van no Plan», expón Eirís.
«Parécenos importante que sexa antes da finalización deste mandato que o grupo de goberno leve a pleno a aprobación provisional de dito plan, pois a súa maioría absoluta fainos únicos responsables desta cuestión tanto para o bo coma para o malo e empezar cando antes a desenvolvelo», conclúe.