TeGa Carballo solicita unha análise de amianto na agua do CEIP Bergantiños

PIXABAY

  • Esta petición formalízase despois da campaña municipal para consumir auga da billa

O grupo municipal de Terra Galega (TeGa) en Carballo rexistrou unha solicitude para analizar a cantidade de amianto que pode haber na auga da traída no CEIP Bergantiños, lugar elixido por ser un dos centros que máis alumnos ten no concello de Carballo.

O portavoz de TeGa, Andrés Eirís Barca, sinala que no municipio aínda hai “28 quilómetros de tubaxes de fibrocemento, e nin o Concello nin a concesionaria realizaron nunca un control do amianto na auga da traída”.

Esta petición formalízase despois de que o goberno local e Gestagua, a empresa concesionaria, iniciaran unha campaña para fomentar o consumo da auga da billa.