TEGA en desacordo co informe técnico do abastecemento de auga a Razo


Terra Galega presentou este luns un escrito no rexistro do concello de Carballo expresando o seu desacordo co informe dos técnicos estimando a xustificación da baixa temeraria a unha das dúas empresas que ian en baixa e solicitando que os técnicos que fixeron o informe contesten as suas dúbidas sobre a estimación ou emitindo un novo informe desestimando a xustificación… A obra en cuestión e a rede de abastecemento de auga a Razo, unha obra moi grande onde según TEGA, non se garantiza a calidade da mesma pois a empresa recoñece que non gaña nada e dende TEGA pensan que incluso perde cartos polos argumentos que expoñen no seu escrito.