TeGa presenta unha moción para refacer as últimas rotondas ubicadas en Carballo

1 minutes read

Desde Terra Galega comparten que as vantaxes das rotondas son, por un lado, que obrigan a controlar a velocidade dos vehículos que as atravesan, xa que o radio da mesma obriga a non superar certa velocidade (para non volcar) e por outro en tráfico baixo ou medio reduce os retardos para atravesala ao evitar as detencións nos semáforos.
TeGa afirma que as últimas rotondas feitas en Carballo (Vila de Corcubión, Fomento, etc…) están a xerar moitas queixas por parte dos condutores, xa que poden ser rebasadas moi fácilmente, prácticamente non se reduce a velocidade e xeran conflitos de circulación.
Por elo, o Grupo Municipal de Terra Galega de Carballo presentará unha Moción ao Pleno da Corporación para que adopte o acordo de refacer as últimas rotondas cun radio dun metro e medio e que non poidan ser rebasadas, instalando nelas a sinalización correspondente.

Foto da esquerda: Modelo de rotonda inútil instalada en Carballo. Foto da dereita: Modelo de rotonda útil, segundo TeGa.