TeGa presenta unha moción para unificar as escolas de natación de Carballo

1 minutes read

O grupo municipal de Terra Galega de Carballo levará ao próximo pleno ordinario unha moción na que solicita unificar a Escola de Natación Infantil do Concello coas que imparten clubs deportivos como a A.D. Fogar e o Sysca. O portavoz municipal da formación centrista, Andrés Eiris Barca, afirma nun comunicado que «é a hora que non haxa máis privilexios para uns nenos que para outros, na actualidade hai 3 escolas para que os nenos e nenas aprenden a nadar, non para competir (para iso están os clubs, principalmente), se non para aprender a nadar, que son a Escola de Natación Infantil Municipal , a do club Sysca e a do A.D. Fogar, todas dan un día á semana, con obxectivos parecidos e con prezos moi variados, o que pedimos coa moción é unificar esas escolas nunha, que todos paguen o mesmo por cada sesión, reformular obxectivos onde o persoal municipal imparta as primeiras fases e os clubs impartan os niveis máis altos, coordinando o servizo de deportes a escola e sumando os recursos tanto persoais como de material das tres escolas», concluíu.