A cadea privada de Mediaset estivo esta fin de semana na capital de Soneira para realizar unha reportaxe da unión da veciñanza con varios departamentos municipais implicados e a súa alcaldesa, Mónica Rodríguez, á fronte da loita contra os efectos derivados do confinamento por coronavirus. Repartición de pan, compra, bombonas de butano, medicamentos, impresión a domicilio, etc. son algúns dos produtos e servizos de primeira necesidade que lle achegan ás persoas máis necesitadas.