Telefónica reforza a rede coa maior taxa de cobertura 5G do mercado


Telefónica reforzou a cobertura 5G en 312 municipios de toda España en zonas de interior con gran afluencia de visitantes así como en zonas costeiras especialmente turísticas nas datas estivais. Trátase de 86 municipios de provincias de interior que ofrecerán a partir de agora cobertura 5G de Movistar sendo as comunidades de Cataluña, Madrid, Valencia, Aragón e Castela e León as que contan cun maior número de municipios con 5G, entre os que se atopan numerosos pobos de pequenas poboacións de menos de 1.000 habitantes como Queralbs, Valdemaqueda ou San Esteban del Valle, entre outras.

Pola súa banda, o reforzo costeiro é moito máis marcado cun total de 226 poboacións onde se espera que haxa unha maior concentración de persoas no verán con 49 poboacións en Cataluña, 41 en Andalucía, 27 en Valencia, 26 en Galicia, 25 en Baleares, e outras tantas en Canarias, Cantabria, Asturias, Murcia e País Vasco.

O aceso de novas antenas de fronte ao verán realízase aproveitando as novas frecuencias poxadas polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital con máis de 500 instalacións de 700MHz con estacións base 5G de Telefónica nesta frecuencia en todas as comunidades autónomas e co obxectivo de alcanzar os 1.400 municipios con 700MHz a finais deste ano e pechar o próximo 2023 con 2.400.

Grazas a este despregamento, Movistar xa ofrece unha cobertura 5G que alcanza ao 82% da poboación coa instalación de nodos que cobren a máis de 38 millóns de habitantes e 1.431 municipios.