Televisións ou reproductores de música nos contedores básicos entorpecen a súa limpeza

Operarios municipais limpiando contenedores en Muxía_I.T.C

  • O alcalde de Muxía, Iago Toba, denunciará publicamente a aqueles que non respecten as normas e se comporten de maneira incívica

Esta semana comezaron na localidade de Muxía a limpeza e desinfección de todos os contedores municipais, pero os operarios que prestan este servizo estanse atopando con reproductores de música ou microondas que non deberían de estar nese tipo de colectores.

O alcalde, Iago Toba, sinalou nas súas redes sociais que non vai deixar «de denunciar publicamente a aqueles que se comportan de maneira incívica», sobre todo se poñen en perigo ás persoas que están traballando baixo o seu cargo.

O rexedor tamén destacou que a veciñanza está obrigada a coidar dos contedores e que neles non se tira cascallo, nin tampouco voluminosos como televisións, reproductores de vídeos ou microondas. «Hai un servizo gratuíto que agora pola situación está paralizado, pero que se volverá a activar», explicou Toba, quen aconsellou acumular estes elementos nas vivendas durante este confinamento. Ademais, o alcalde tamén lembrou que é unha obrigación tirar o lixo perfectamente embolsado.

Desde o concello farán un control na evolución da sucidade e mesmo chegarán a investigar e sancionar a aqueles que non cumpran coas normas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha