29
O PP de Galicia comezou a renovación do partido no ámbito local, despois de celebrar os catro congresos provinciais. Esta fin de semana tocou congreso en Viveiro, que elixiu a Óscar Rodríguez como presidente da agrupación local. Dende alí, o seu secretario xeral, Miguel Tellado, asegurou que a «estabilidade» do PP contrasta co que sucede cos partidos da oposición, especialmente no BNG, a quen lle pediu «que se independice do independentismo».