Tellado participou este xoves nun mitin en Cee

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, participou este xoves nun mitin en Cee no que sinalou que “necesitamos un Goberno centrado na economía, na creación de emprego e en darlle un novo impulso á nosa industria, e iso só se garante co Partido Popular”.

Pediulle aos simpatizantes da súa formación que pidan o voto por Galicia e por España, pola economía e o emprego, polas pensión, pola sanidade os servizos sociais, polo noso medio rural e polo noso mar, e polo sentidiño, “porque se pedides o voto por todo iso, todo o mundo saberá que estades pedindo o voto para o Partido Popular”, aseverou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha