34
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu este venres a Navantia e ao Goberno central boa xestión, carga de traballo, responsabilidade local e respecto e coidado polas empresas auxiliares, que son as que fan competitivo o sector naval a nivel internacional e xeran o maior número de empregos. Deste modo se expresaba na visita que fixo ás instalacións de ElectroRayma, en Narón, unha das moitas empresas auxiliares que conforman a industria naval de Ferrol e que tivo que presentar unha demanda contra Navantia polo impago de 4,7 millóns de euros. Isto débese aos sobrecustos da construción de dous buques, unha débeda que parece que a actual dirección do estaleiro non ten ningún interese en abonar.
