O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que lamenta que Pedro Sánchez poña o Estado ao servizo do PSOE, sendo Galicia unha das súas principais vítimas pola vinganza dun presidente cun territorio que non o vota nin lle serve para manterse na Moncloa. Para exemplificalo, expuxo un decálogo de agravios que resume ano e medio de maltrato á Comunidade, manifestando que os populares seguirán traballando para acabar con esta situación. Tellado cuestionou o reparto inxusto das primeiras fases dos Fondos Europeos, que non atendeu a criterios obxectivos senón partidistas: “Recompensando ou pagando o acordado cos socios que o puxeron no Goberno”. Ademais subliñou que os Presupostos Xerais do Estado son unhas contas coa menor inversión en Galicia dos últimos 15 anos.
37