Tempada 16 de “As Mañás de Frisco”

1 minutes read

Este luns 31 de agosto deu comezo unha nova tempada, será xa a súa décimo sexta en antena, de «As Mañás de Frisco» na sintonía de Nova Hit Radio na Coruña. O director e condutor do programa é Frisco Taibo, un dos radio dj’ s mais respectado das ondas, cunha traxectoria mais que destacada, con tres décadas de radio ás súas costas e que desde que pechou a súa etapa en varias emisoras de radio musical a nivel nacional así como de Localia Tv consolidouse na rádio fórmula matinal en Nova Hit Radio sendo o programa de radio musical máis escoitado a súa zona de cobertura e o único que se fai en directo coincidindo cunha época na que se afirma que a radio fórmula musical está de canga baixa, demostrándose con fartura que nin moito menos é así. A por outros tantos!!!.