Tempada turística perdida en España

Nas praias de Eivissa o distanciamento social non resulta difícil. Sobra espazo. Este ano na illa de Eivissa hai prazas hostaleiras e apartamentos libres por centenares. A tempada dáse por perdida. É o peor verán na historia do turismo en España. A pandemia mundial deu un golpe mortal á economia española do que o turismo é o 13 % do seu PIB. O turismo é o núcleo da estrutura produtiva española, da que o emprego é moi dependente … e a súa debilidade principal cando falla. Non hai solución de recambio dada a desindustrializacion de España pactada para entrar na Unión Europea. As recentes corentenas e advertencias desaconsellando viaxar feitas por Reino Unido, Francia ou Alemaña polo coronavirus non atopan explicación en Baleares. Dentro do que vai ser o ano negro do turismo mundial, en España, os viaxeiros optaron por desprazamentos interiores a lugares próximos ao domicilio aínda que nun numero moito menor que o de anos precedentes. Incluso a operación saída do 1 de agosto foi menos densa que de costume.