Tempo de inverno na primeira fin de semana do verán en Galicia

Foto.- Ana Varela.

Logo da calor de semanas atrás en Galicia, este tempo pouco propio do verán, que non invita ao paseo, está a caer como un xerro de auga fría. Festas e romarías de San Xoán están a verse afectadas por unha climatoloxía adversa pouco propia do verán. A fronte coa que remata unha semana inestable no meteorolóxico trae máis chuvia, vento do suroeste e, sobre todo, temperaturas moi baixas para esta época do ano.  As máximas dificilmente chegarán aos 20 graos de día e as mínimas baixarán dos 10 graos polas noites. Así que o ambiente será moi fresco. Previsiblemente, segundo Meteogalicia, a cousa se estabilice o luns coa chegada dun anticiclón, aínda que polo de agora toca botar man de roupa de abrigo, paraugas e chuvasqueiros.