Temporal e ponte crean un caos de circulación de vehículos en Carballo


O centro de Carballo quedou literalmente bloqueado por estrada este martes durante varios minutos. A gran cantidade de vehículos que tentaron acceder ou cruzar o centro urbano propiciou o colapso das arterias máis importantes para a fluidez do tráfico, as rotondas da rúa Perú, rúa Ponte, rúa Fomento, Praza de Galicia e arredores foron quizais as zonas máis afectadas. Os condutores tivéronse que armar de paciencia á espera de que a rede semafórica e o traballo de varios axentes da Policía Local, así como a calma do temporal reinante, fose quen de aliviar o problema, que á última hora da mañá era un caos.