A Garda Civil abriu unha investigación pola desaparición en Tenerife, desde o pasado martes, dun home e as súas dúas fillas de 1 e 6 anos, ás que levou sen autorización da nai. Polo momento, acharon unha embarcación na que cren partiu coas dúas nenas da mariña do Porto de Santa Cruz e unha cadeira infantil de retención en vehículos flotando no mar. O caso catalogouse como unha desaparición de «alto risco» e a investigación declarouse secreta. O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Güímar incoou dilixencias previas, de momento pola presunta comisión dun delito de secuestro. A nai das nenas denunciou ante a Garda Civil que a súa exparella chamouna para dicirlle que non ía velas máis, nin a el tampouco. Fontes da investigación indicaron que o pai das menores levounas ás 17:00 horas do pasado martes e tería que devolvelas ese mesmo día ás 21:00 horas. Posteriormente, a muller, recibiu a chamada da súa exparella e puxo a denuncia pola desaparición.
40