Tensión entre Turquía e Francia por mor das caricaturas de Mahoma


En Turquía, a campaña contra Francia gaña terreo. Grupos de manifestantes saíron á rúa para esixir ao presidente francés que deteña o que definen como” ataques contra o islam”. E tamén se alenta un boicot contra os produtos franceses que empezaron a ser retirados das tendas. Todo iso alentado polas soflamas do presidente turco. “Pídolle á miña nación aquí e agora que deixen de lado os produtos etiquetados en Francia. Non os compren», dixo Recep Tayyip Erdogan. O ton empezou a subir por mor das palabras do presidente Emmanuel Macron afirmando que Francia “nunca renunciará ás caricaturas”. Reivindicaba así o dereito á liberdade de expresión, tras o asasinato dun profesor que morreu decapitado por ensinar as viñetas de Mahoma na clase. E a espiral seguiu crecendo, con Erdogan afirmando que o presidente francés “ten problemas mentais”, e Paris chamando a consultas ao seu embaixador.